Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Coñecementos

  • CON01 - Definición e terminoloxía crave en condutas adictivas e drogodependencias.
  • CON02 - Diferenzas entre uso, abuso e dependencia de substancias.
  • CON03 - Condutas adictivas sen substancias (xogo, internet, compras compulsivas).
  • CON04 - Historia do uso e abuso de substancias.
  • CON05 - Influencias culturais e antropolóxicas en condutas adictivas.
  • CON06 - Impacto socioeconómico das drogas e adiccións.
  • CON07 - Análise das adiccións desde unha perspectiva de xénero.
  • CON08 - Impacto diferencial das adiccións en mulleres e homes.
  • CON09 - Estratexias de intervención considerando o xénero.
  • CON10 - Factores xenéticos e predisposición ás adiccións.
  • CON11 - Modelos psicolóxicos e teorías sobre a adicción.
  • CON12 - Avaliación e diagnóstico de trastornos adictivos.
  • CON13 - Clasificación de substancias con potencial de abuso (alcol, tabaco, drogas ilegais, medicamentos).
  • CON14 - Clasificación de adiccións comportamentales (xogo, internet, videoxogos).
  • CON15 - Datos estatísticos e tendencias no consumo de drogas e adiccións comportamentais.
  • CON16 - Xeopolítica das drogas e as súas implicacións.
  • CON17 - Interacción de factores biolóxicos, psicolóxicos e sociais nas adiccións.
  • CON18 - Neurobioloxía do pracer e a recompensa.
  • CON19 - Factores de risco e protección.
  • CON20 - Estratexias de prevención, tratamento e inserción social.
  • CON21 - Avaliación e coordinación de accións preventivas e terapéuticas.
  • CON22 - Principais teorías explicativas das adiccións.
  • CON23 - Modelos de intervención.
  • CON24 - Perspectiva de xénero nas teorías da adicción.
  • CON25 - Fundamentos neurobiolóxicos das adiccións.
  • CON26 - Principios de farmacocinética e farmacodinámica.
  • CON27 - Efectos das substancias no sistema nervioso central.
  • CON28 - Psicopatoloxía e trastornos comórbidos.
  • CON29 - Métodos de avaliación, diagnóstico e planificación de tratamentos.
  • CON30 - Tipos de recursos dispoñibles: centros ambulatorios, residenciais, comunidades terapéuticas.
  • CON31 - Abordaxes terapéuticas específicos para diferentes substancias e adiccións comportamentales.
  • CON32 - Estratexias de intervención con menores e adolescentes en risco.
  • CON33 - Adiccións en poboacións vulnerables: persoas sen fogar, inmigrantes, minorías étnicas.
  • CON34 - Consideracións especiais para mulleres e persoas maiores.
  • CON35 - Definición e tipos de prevención: universal, selectiva e indicada.
  • CON36 - Estratexias e políticas de prevención.
  • CON37 - Factores de risco e protección na familia, a escola e a comunidade.
  • CON38 - Avaliación de plans autonómicos e locais de prevención.
  • CON39 - Análise de experiencias exitosas en prevención e inserción social.
  • CON40 - Métodos cuantitativos e cualitativos na investigación de adiccións.
  • CON41 - Estatística aplicada na análise de condutas adictivas.
  • CON42 - Innovacións tecnolóxicas na investigación sobre adiccións: (big data, intelixencia artificial).

Habilidades ou destrezas

  • HAB01 - Comprender a vulnerabilidade psíquica e analizar socialmente a prevención e tratamento de adiccións.
  • HAB02 - Deseñar, planificar e avaliar programas de prevención e intervención en colaboración con outros profesionais.
  • HAB03 - Abordar eficazmente casos clínicos con Trastornos por Uso de Substancias.
  • HAB04 - Crear programas de prevención considerando a diversidade e a perspectiva de xénero.
  • HAB05 - Adaptar e perfeccionar continuamente a práctica profesional en drogodependencias e adiccións.
  • HAB06 - Coñecer a organización e programas das Unidades Asistenciais de Drogodependencias (UAD).
  • HAB07 - Formular obxectivos e desenvolver plans de intervención baseados en avaliacións precisas.
  • HAB08 - Elaborar e coordinar estratexias preventivas adecuadas, incluíndo redución de danos e riscos.
  • HAB09 - Valorar a responsabilidade na consecución dun futuro sostible.
  • HAB10 - Reflexionar e innovar en prácticas educativas, fomentando a aprendizaxe autónoma e cooperativa.
  • HAB11 - Aplicar e seleccionar adecuadamente as tecnoloxías da información e comunicación na aula.
  • HAB12 - Analizar condutas adictivas e os seus impactos desde unha perspectiva feminista, identificando e abordando a discriminación e violencia de xénero.
  • HAB13 - Identificar factores xenéticos relacionados coas adiccións.
  • HAB14 - Habilidades para a divulgación científica e comunicación de resultados.

Competencias

  • COM01 - Comprender e aplicar coñecementos avanzados en prevención e abordaxe terapéutico en drogodependencias e condutas adictivas.
  • COM02 - Interactuar e comunicar eficazmente con persoas afectadas, as súas familias, mediadores sociais e outros profesionais, demostrando empatía e habilidades de resolución de conflitos.
  • COM03 - Coñecer e aplicar metodoloxías e recursos en farmacoloxía, psicopatoloxía, prevención, educación, abordaxe terapéutica e aspectos legais, así como analizar e reflexionar sobre estes enfoques.
  • COM04 - Desenvolver intervencións preventivas e clínicas de maneira autónoma, con capacidade para innovar e aplicar ideas orixinais en contextos de investigación.
  • COM05 - Capacidade de análise, síntese e xestión da información.
  • COM06 - Resolver problemas e tomar decisións efectivas, adaptándose a novas situacións.
  • COM07 - Traballar eficazmente de maneira autónoma, en equipo interdisciplinar, mostrando habilidades interpersoais e recoñecendo a diversidade e multiculturalidade.
  • COM08 - Actuar con compromiso ético, razoamento crítico e responsabilidade profesional no contexto das adiccións e drogodependencias.
  • COM09 - Capacidade para deseñar e xestionar proxectos de investigación en adiccións.
  • COM10 - Avaliación crítica da literatura científica en adiccións.
  • COM11 - Interactuar de maneira empática e efectiva con persoas con condutas adictivas, utilizando habilidades comunicativas para resolver problemas e manexar conflitos.
  • COM12 - Comunicar información de maneira clara e adaptada a distintos públicos e formatos, mantendo un enfoque profesional e adecuado a cada contexto.