Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Os centros que asumen a docencia do mestrado contan cos medios materiais e servizos necesarios para o desenvolvemento da docencia e da aprendizaxe. Descríbense a continuación dos devanditos materiais e servizos e a súa adecuación ao título.

A Facultade de Medicina da USC e a Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo, dispoñen das infraestruturas, mobiliario e tecnoloxías necesarias para a ensino/aprendizaxe, tanto a nivel presencial como híbrido. O acceso a Internet por cable ou por Wifi, está garantido en todos os edificios. Debido a que só se necesitará unha aula con capacidade máxima de 20 persoas, con varias aulas a nosa disposición.

Cabe sinalar que todas as aulas e despachos están dotados de equipamento dixital (hardware e software) que permite a impartición de docencia de carácter tanto síncrono como asíncrono. Tamén hai que destacar que, en caso de ser necesario, existen diversos espazos adaptados para que o alumnado poida realizar traballos de maneira colaborativa.

As bibliotecas centrais dos diferentes campus da UVigo e USC ofrecen servizos integrais e dispoñen de servizos audiovisuais.